Augas de Galicia reunirase para a semana cos concellos afectados pola prealerta de seca
Augas de Galicia reunirase para a semana cos concellos afectados pola prealerta de seca
Amplíase a prealerta por escaseza de auga á bacía do Tambre e o río Grande
Salvo os ríos do norte de Lugo, toda a demarcación de Galicia-Costa se mantén nunha situación de seca prolongada
Sen previsión de chuvia, a Xunta advirte da necesidade de reducir o consumo de auga, especialmente na cidade de Santiago e en todos os concellos da súa contorna. Nun só mes o río Tambre perdeu a metade do seu caudal e entra en situación de prealerta, igual que o resto dos ríos que desembocan na ría de Muros e Noia. Gonzalo Mosqueira é o xerente de Augas de Galicia.
Nos últimos días hai unha redución do caudal circulante polos ríos, por exemplo, o Tambre reduciu nun 50 por cento o seu caudal e iso fai que poida haber un risco de que non se poidan satisfacer as demandas que haxa, por iso establecemos ese nivel de prealerta
Preocupa tamén o descenso "drástico" do caudal do río Grande e os seus afluentes na costa de Camariñas, en Cabana de Bergantiños, en Muxía e en Laxe.
Na semana próxima, Aguas de Galicia e os concellos aos que se estende a prealerta reuniranse para estudar o servizo de abastecemento en cada un deles. Non se descartan cortes puntuais nalgúns concellos.
Parece que Actividades como regar, encher piscinas, ou lavar o coche deberán agardar.