Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta a demanda de test de antíxenos nas farmacias galegas

Aumenta a demanda de test de antíxenos nas farmacias galegas

Dispensan autotest para levar ou para facer na propia farmacia

G24.gal 20/11/2021 14:42

Nestes últimos días, as farmacias constataron un incremento na demanda de autotest por parte de cidadáns preocupados polo aumento dos contaxios.

"Non sei se foi a fin de semana porque houbo os magostos ou se a xente ten máis medo porque subiron os contaxios, pero a verdade é que subiu bastante a demanda", asegura Carmen Gallardo, farmacéutica de Ourense que calcula que se duplicou a demanda.

Actualmente, as farmacias dispensan dous tipos de autotest de antíxenos, vía nasal ou polo cuspe. Pódense levar para facer na casa ou realizalos baixo a supervisión dos propios farmacéuticos, autorizados para certificar o resultado.

"Serían os casos de ocio nocturno, hostalería, probas deportivas, competicións... incluso nas viaxes", explica Santiago Leyes Vence, presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense

Medo ao contaxio

Co incremento de casos, aumentou tamén a demanda relacionada co medo ao contaxio. Se ben os contactos directos xa son rastrexados desde o Sergas, ás farmacias chegan contactos de terceiro ou cuarto grao, a práctica totalidade con resultado negativo, segundo nos explica a farmacéutica Carmen Gallardo.

No último Consello da Xunta, Alberto Núñez Feijóo avanzaba a posibilidade de retomar tamén os cribados por cuspe nas farmacias nos casos en que se dispare a incidencia acumulada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar