Medra o debate sobre a necesidade de seguir usando máscara na farmacia
Medra o debate sobre a necesidade de seguir usando máscara na farmacia
A protección mantense no ámbito sanitario, logo de que se relaxara o seu uso no transporte público
Logo dun ano da retirada do uso obrigatorio da máscara en interiores, nalgúns establecementos como farmacias, residencias de maiores e centros de saúde continúa a ser necesaria.
Hai persoas que entenden que haxa que utilizalas, pero tamén hai quen dubida da súa eficacia. Hoxe o seu emprego está en cuestión.
O certo é que os contaxios da covid diminuíron significativamente, unha mostra de que a máscara cumpriu unha función.
No caso das residencias de maiores, as persoas usuarias non teñen obriga de levala, pero si o persoal e as visitas. O obxectivo é protexer os máis vulnerables.
Con todo, hai quen dubida da necesidade de usalas nas boticas. As autoridades apelan tamén a un uso responsable cando hai síntomas.