Cargando resultados...
Aumentan os casos activos, os hospitalizados e caen os contaxios en Galicia pola covid
Aumentan os casos activos, os hospitalizados e caen os contaxios en Galicia pola covid
G24.gal
30/10/2021 10:02
A pandemia de coronavirus segue a deixar esta xornada un lixeiro incremento nos seus indicadores en Galicia.
As infeccións aumentan; con datos das 18 horas do venres había ata 512 persoas contaxiadas co virus (+7). Tamén incrementa o número de persoas que precisan ingreso, con 29 persoas nos hospitais, (+4). Son 5 as que ocupan camas nas UCI, (+2) e tamén son dúas máis en cama convencional, 24.
O mellor dato está nos contaxios diarios, que caen ata os 38, cunha baixada de 18 persoas menos diagnosticadas nas probas realizadas.
Os falecidos durante a pandemia notificados polo Sergas son 2.652 persoas.