Áurea e Ramón celebran as vodas de platino: 65 anos de matrimonio
Áurea e Ramón celebran as vodas de platino: 65 anos de matrimonio
Áurea dedicouse ao coidado da familia e Ramón, carpinteiro de profesión, decidiu probar fortuna na emigración e marchou traballar a Holanda
Din que quererse moito, respectarse e non enfadarse son as claves para sumar 65 anos de matrimonio en perfecta harmonía
Áurea e Ramón casaron un 10 de outubro de 1959 en San Xulián de Imo, en Dodro. Unha data que lembran coa ilusión intacta e a emoción a flor de pel. Eran veciños da aldea. Cando Áurea tiña só 13 anos, Ramón, sete anos maior, confesoulle o seu amor. Prometeu esperala, porque era moi nova, e cando cumpriu o servizo militar pediulle matrimonio.
Tiveron dous fillos. Áurea dedicouse ao coidado da familia e Ramón, carpinteiro de profesión, decidiu probar fortuna na emigración e marchou traballar a Holanda. Áurea non levaba ben a distancia e, tras un ano separados, decidiu acompañalo. Unha das etapas mais felices da súa vida.
Tras 15 anos emigrados, retornaron e foron vivir a Vigo. Din que quererse moito, respectarse e non enfadarse son as claves para sumar 65 anos de matrimonio en perfecta harmonía.
Outro piar fundamental para eles é a familia: dous fillos, tres netos e dúas bisnetas son o seu maior tesouro.
Canda eles e outros familiares achegados celebrarán o sábado as vodas de platino. 65 anos de amor que non minguaron e que desexamos sigan sumando xuntos. Parabéns para Áurea e Ramón.