Publicador de contidos

Publicador de contidos

Austria confirma a primeira infección coa variante ómicron e Suíza detecta un posible caso

Austria confirma a primeira infección coa variante ómicron e Suíza detecta un posible caso

Foi nunha proba tomada a unha persoa que regresara dunha viaxe a Suráfrica

G24.gal 29/11/2021 11:35

O Ministerio de Sanidade de Austria informou este luns do primeiro caso de infección coa variante ómicron do coronavirus confirmado no seu territorio, nunha proba tomada a unha persoa que regresara dunha viaxe a Suráfrica.

Engadiron que a cepa detectada no caso tirolés é "definitivamente" a variante co nome científico B.1.1.529, bautizada como "ómicron" pola OMS, que a considera "preocupante".

As autoridades sanitarias realizan a secuenciación doutras 30 probas sospeitosas de provir de contaxios coa nova variante, da que se teme sexa máis contaxiosa.

Suíza detecta un posible caso e impón corentena a 19 países

As autoridades sanitarias suízas informaron dun posible caso da variante ómicron, o primeiro detectado no país, e elevaron a 19 as nacións e territorios cuxos viaxeiros terán que facer corentena ao entrar no país.

A lista de países desde os que esixe corentena, que Suíza comezou a aplicar esta fin de semana, son: Suráfrica, Botswana, Mozambique, Namibia, Zimbabue, Bélxica, Países Baixos, República Checa, Dinamarca, e tamén Australia, Exipto ou Israel, entre outros.

Os viaxeiros procedentes deses países deben presentar un test PCR ou de antíxenos mesmo se están vacinados, permanecer 10 días en corentena e volver facer tests de diagnóstico no cuarto e sétimo día de estancia en Suíza.

 

Minuto a minuto

12:47

As aeroliñas turcas Turkish Airlines e Pegasus anunciaron este luns a suspensión de voos a Marrocos durante dúas semanas, como medida recíproca despois de que Rabat interrompera todos os voos procedentes do estranxeiro para protexerse da variante ómicron do coronavirus.

12:52

O Ministerio de Asuntos Exteriores vai fretar un avión especial a Mozambique para repatriar os turistas e empresarios españois que quedaron varados por mor do peche de voos para evitar o contaxio da variante do coronavirus ómicron, detectada en Suráfrica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade