Cargando resultados...
Auxilian unha ciclista vietnamita que chegou á AP-9 confundida polo navegador
Auxilian unha ciclista vietnamita que chegou á AP-9 confundida polo navegador
A muller deu negativo nas probas de alcol e drogas
G24.gal
14/07/2023 12:49
A Garda Civil axudou a unha ciclista de 28 anos, de nacionalidade vietnamita, que foi localizada en plena autoestrada AP-9, na circunvalación da cidade de Pontevedra, segundo as investigacións, por unha mala indicación do seu navegador GPS.
Varios condutores alertaron á Garda Civil de que esta muller estaba a circular en bicicleta pola AP-9, á altura do quilómetro 130, onde os axentes a atoparon.
Á patrulla que a rescatou díxolle que se dirixía a Vilagarcía de Arousa desde Pontevedra e que estaba a seguir as indicacións do seu GPS.
Tras comprobar o aparello e comprobar a súa versión, os axentes decidiron non sancionala.