Publicador de contidos
Publicador de contidos

Avalancha de baixas laborais durante a sexta vaga da pandemia

Avalancha de baixas laborais durante a sexta vaga da pandemia

No mes de decembro tramitáronse máis de 560.000 baixas laborais

300.000 autónomos tiveron que acollerse a estes procesos de incapacidade temporal 

G24.gal 13/01/2022 14:04

As ausencias no traballo disparáronse hai semanas e afectan todo o tecido empresarial, con moitas empresas traballando baixo mínimos e con problemas loxísticos nas cadenas de subministro pola falta de persoal. 

A xestión das baixas e altas dos traballadores dificulta a xa de por si complicada situación na atención primaria, desbordada polos contaxios.

En Galicia, a situación é similar que no resto do país, cun aumento das baixas laborais tanto no sector público como nas empresas.

A situación preocupa no Ministerio de Sanidade, pero apunta que a tramitación das baixas xa comezou a diminuír. 

No mes de decembro rexistráronse máis de 560.000 baixas en España, sete veces máis das setenta e sete mil de novembro e vinte veces por riba das 29.000 de outubro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade