Avanza a vacinación infantil en Galicia, que ten máis do 80 % dos nenos coa primeira dose
Avanza a vacinación infantil en Galicia, que ten máis do 80 % dos nenos coa primeira dose
No conxunto de España só o 56 % dos máis novos conta coa primeira inxección
A vacinación en Galicia avanza a bo ritmo, tamén entre os máis novos que, como vimos, esta semana xa comezaron a recibir a segunda dose. A situación é diferente noutras comunidades. De feito, España non cumpre co obxectivo fixado do 70 % de nenos coa primeira dose posta.
E foi o propio Goberno o que a comezos de ano fixara como obxectivo para ese 7 de febreiro, que o 70 % dos escolares de entre 5 e 11 años contase coa primeira dose. Os datos reais, porén, quedaron moi lonxe desa previsión: so o 56 % ten agora a primeira inxección.
Hai, iso si, grandes diferenzas entre comunidades respecto da vacinación infantil. Galicia ten máis do 82 % dos seus nenos coa primeira dose e Estremadura, o 74 %. Na parte baixa da táboa, Ceuta, Melilla e Baleares case non chegan ao 35 %; Cataluña está no 40 % e Madrid, o 46 %.
"Estamos contentos coa resposta dos pais e das nais. Os datos de Galicia son os mellores de España; estabamos antes desta segunda dose cun 82 % de poboación e a media en España está no 55 %. Esa boa resposta estamos seguros de que se vai manter nesta segunda dose".