Cargando resultados...
Máis de 96.000 persoas maiores de 60 anos puxeron a vacina da covid
Máis de 96.000 persoas maiores de 60 anos puxeron a vacina da covid
En total, hai 116.000 persoas inmunizadas contra a covid e 120.00 contra a gripe
G24.gal
21/10/2023 13:18
Última actualización 21/10/2023 17:13
A campaña de vacinación avanza a bo ritmo en Galicia. Segundo confirma a Consellería de Sanidade, xa son 116.000 as persoas vacinadas da covid e 120.000 as que se inmunizaron contra a gripe.
As persoas maiores de 80 anos que non viven en xeriátricos están acudindo de xeito fluído e masivo aos centros de saúde a poñeren as vacinas da covid e da gripe. A da covid xa a puxeron máis de 96.000.
Respecto á campaña infantil, en catro días recibiron o soro 2.200 menores e a vacina contra o virus respiratorio sincitial, que comezou a poñerse a finais de setembro, máis de 7.000.