Cargando resultados...
A Garda Civil cre que puideron matar a Judith no mesmo lugar onde apareceu o seu corpo
A Garda Civil cre que puideron matar a Judith no mesmo lugar onde apareceu o seu corpo
Ademais apuntan a que a mataron a mesma noite da súa desaparición e que o crime non foi planificado
O corpo da muller
G24.gal
29/11/2023 20:17
Continúan os avances na investigación do asasinato de Judith, a muller que apareceu tirada nun polígono do concello pontevedrés do Porriño o xoves pasado.
Os investigadores cren que a mataron no mesmo lugar onde apareceu o seu corpo, detrás dun colector do polígono das Gándaras. Ademais apuntan a que a mataron a mesma noite da súa desaparición e que o crime non foi planificado.
Todo indica que a muller, de 37 anos, viaxou dende Vigo co seu agresor e que tiveron un enfrontamento violento.