Publicador de contidos
Publicador de contidos

A chuvia mantén baixo aviso amarelo o interior de Pontevedra

A chuvia mantén baixo aviso amarelo o interior de Pontevedra

Vai chover de continuo e de xeito cuantioso tamén pola tarde

G24.gal 09/02/2024 13:56

O encoro de Eiras desaugaba a bo ritmo esta mañá. Os ríos baixan caudalosos e amenazantes ao norte da provincia. 

Fornelos segue liderando as marcas de pluviosidade. Antes do mediodía xa se contabilizaban alí 30 litros por metro cadrado. Mesmo no concello limítrofe de Pazos notan a diferencia.

Tamén estiveron pendentes do río en Ponte Caldelas e seguirano estando pola tarde porque o aviso a amarelo por choivas prolóngase ata as cero horas de mañá, polo que se agarda choiva constante e cuantiosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade