Cargando resultados...
Aviso laranxa en todo o litoral galego por temporal costeiro este luns
Aviso laranxa en todo o litoral galego por temporal costeiro este luns
Agárdanse ondas de ata sete metros en toda a costa
G24.gal
12/03/2023 18:37
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activou a alerta laranxa para este luns por temporal costeiro todo o litoral.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía, a Aemet, informa que o fenómeno meteorolóxico adverso comeza este luns a partir das 09:00 horas e estenderase a toda a costa galega.
Espéranse ventos do oeste ao noroeste de forza 8 e ondas de ata sete metros. A borrasca deixará tamén refachos de vento en nivel de alerta amarela na franxa costeira e no interior das provincias da Coruña e Lugo, así como na montaña de Pontevedra.