Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso laranxa no litoral da Coruña e na Mariña luguesa

Aviso laranxa no litoral da Coruña e na Mariña luguesa

Hai mar combinado, con ventos fortes e ondas de 8 metros

Agárdanse refachos de vento de 100 quilómetros por hora

G24.gal 15/01/2023 19:53 Última actualización 15/01/2023 20:12

Está prohibido o acceso ás praias da Coruña. O Concello optou por pechalas coas previsións meteorolóxicas na man. A media tarde activouse un aviso laranxa no litoral coruñés e na Mariña luguesa por un temporal marítimo que está deixando ventos moi fortes e ondas de oito metros.

Estaba previsto un empeoramento do tempo no mar e tamén en terra, onde se agardan para as próximas horas refachos de vento de máis de cen quilómetros por hora. Despois dun inicio da xornada relativamente plácido, a chuvia recuperou protagonismo e sumouse á ecuación o frío.

A situación é algo mellor nas Rías Baixas, pero contra a media noite o aviso laranxa vaise estender a toda a costa galega. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade