Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso laranxa por temporal costeiro con ondas de 6 metros na Coruña e A Mariña

Aviso laranxa por temporal costeiro con ondas de 6 metros na Coruña e A Mariña

G24.gal 27/11/2021 13:12

A neve é a que máis complicacións pode ocasionar esta fin de semana, pero tamén hai que ter precaución no litoral.

A Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais das provincias da Coruña e Lugo.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía alerta dun fenómeno atmosférico adverso de nivel laranxa, con mar combinado de 5 a 6 metros do noroeste que afectará o noroeste e oeste da Coruña e o litoral lucense.

Haberá aviso amarelo con mar combinado de 4 a 5 metros do noroeste no suroeste da Coruña e Pontevedra.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar