O avogado da UE dalle a razón á UEFA e á FIFA no veto á Superliga
O avogado da UE dalle a razón á UEFA e á FIFA no veto á Superliga
O ditame non é vinculante. Quince xuices da corte europea deben pronunciarse agora sobre esta cuestión
A Superliga só ten o apoio do Real Madrid, do F. C. Barcelona e da Juventus
O xulgado madrileño que formulou as cuestións prexudiciais relativas á posta en marcha da Superliga quería saber se a UEFA e a FIFA vulneraban as normas de competencia da Unión Europea.
O seu avogado xeral considera que non, que as súas regras son compatibles co Dereito da Unión nesa materia.
"A creación dunha nova competición de fútbol panaeuropea queda sometida a un sistema de autorización previa", expuxo o avogado xeral da Unión Europea.
Anthony Michael Collins vai moito máis alá e asegura que as súas federacións nacionais teñen potestade para vetar a participación nas súas competicións daqueles clubs que formen parte da Superliga.
E así se desprende, dixo, dos artículos 101 e 102 do Tratado de Funcionamento da UE.
Os clubs poden crear competicións, pero asumindo as consecuencias
"Estes artículos non lle prohiben á FIFA, á UEFA, ás súas federacións, membros ou ligas nacionais ameazar con sancións aos clubs afiliados a esas federacións en caso de que estes participen nun proxecto de creación dunha nova competición panaeuropea de fútbol", engadiu.
En definitiva, os grandes clubs poden crear competicións propias pero deben aterse ás consecuencias.
A UEFA emitiu un comunicado onde asegura que "acolle con satisfacción as conclusións inequívocas presentadas polo avogado xeral" porque "respaldan o seu papel central no goberno do fútbol europeo." Javier Tebas, presidente da liga española, tirou de ironía para referirse á empresa vinculada á Superliga que defenden Florentino, Laporta e Agnelli.
Con todo, a batalla segue. A opinión de Anthony Michael Collins non é vinculante. Quedan 15 xuíces da corte europea por pronunciarse sobre esta cuestión. O seu posicionamento será público probablemente en marzo.