Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baixan os casos activos na área de Vigo por primeira vez en mes e medio

Baixan os casos activos na área de Vigo por primeira vez en mes e medio

Hai 94 persoas ingresadas, oito delas na UCI

G24.gal 23/01/2022 16:14

Por segundo día consecutivo dende que comezou esta sexta onda as cifras de curados na área sanitaria de Vigo superan as de novos contaxiados. É dicir, 2.000 altas fronte a 1.461 infectados nas últimas 24 horas.

Un signo que podería indicar que a fin desta sexta onda está cada vez máis próxima. Iso fai que o número de casos activos comece a baixar por primeira vez dende hai mes e medio. Arestora son máis de 20.200 as persoas infectadas, 614 menos ca onte.

Con todo, sempre hai datos que incitan á reflexión para non relaxarse en ningún momento. Esta área sanitaria ten este domingo 17 persoas máis ingresadas en planta, o que indica que 94 persoas pasan a enfermidade no hospital, oito delas nas unidades de críticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade