Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baltar descarta que opte a un posto como conselleiro na próxima etapa da Xunta

Baltar descarta que opte a un posto como conselleiro na próxima etapa da Xunta

Baltar defendeu a idoneidade de Alfonso Rueda como sucesor de Núñez Feijóo

O presidente do PP de Ourense negou que houbese discusións ou tensións internas

G24.gal 14/04/2022 19:34

O presidente do PP de Ourense, José Manuel Baltar, defendeu o papel das baronías provinciais no PPdeG e descartou que opte a un posto como conselleiro na próxima etapa da Xunta. Nunha entrevista concedida a Cadea Ser Galicia Baltar sinalou que, "dado que as provincias existen e están na Constitución", o funcionamento "lóxico" é o provincial.

"Despois existe unha organización a nivel autonómico. A autonomía para desenvolver a nosa función é máxima", destaca. O presidente da Deputación de Ourense rexeitou ademais optar a un posto como conselleiro, asegurando que "presidir o Goberno provincial é o máximo". "Estou por Ourense e non hai ningunha outra forma mellor de estar que presidir o seu Goberno", insiste.  

Baltar defendeu a idoneidade de Alfonso Rueda como sucesor de Núñez Feijóo. "Coñece perfectamente a Administración, tamén as locais. Conta coa máxima experiencia e pola súa preparación e as súas capacidades, reúne todas as condicións para ser un perfecto presidente da Xunta", afirmou. O líder dos populares de Ourense tamén encomiou ao actual presidente da Xunta, ao que tachou de "fóra de serie".

Baltar negou que houbese discusións ou tensións internas e remarcou que as opinións vertidas no seu caso "non son opinións persoais, senón como representante da organización que representa.   Aposta porque a sucesión se de "canto antes mellor".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade