Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bamba volve adestrarse co Celta

Bamba volve adestrarse co Celta

O extremo abandonou Vigo sendo o terceiro futbolista do plantel celeste que máis minutos acumulaba na Liga

Foto @RCCelta Foto @RCCelta
G24.gal 20/02/2024 12:48 Última actualización 20/02/2024 12:55

O internacional marfilés Jonathan Bamba completou este martes o seu primeiro adestramento co R. C. Celta desde finais de decembro, cando se desprazou ao seu país para concentrarse coa súa selección nacional, coa que se acaba de proclamar campión da Copa África.

O extremo abandonou Vigo sendo o terceiro futbolista do equipo celeste que máis minutos acumulaba na Liga (1.415), onde xogou o seu último encontro o pasado 20 de decembro no Estadio da Cerámica de Vilarreal.

Desde entón, Bamba, que o sábado xa presenciou desde o palco de Balaídos o partido entre o seu equipo e o F. C. Barcelona, perdeu sete partidos ligas e outros tres da Copa do Rei.

A presenza do centrocampista africano foi a principal novidade na volta ao traballo do Celta, que esta mañá empezou a preparar na cidade deportiva Afouteza o decisivo encontro do próximo domingo contra o Cádiz, o seu principal rival na pelexa por eludir o descenso de categoría.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade