Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Fortuna busca a primeira vitoria ante un Unionistas de 'playoff'

O Celta Fortuna busca a primeira vitoria ante un Unionistas de 'playoff'

Fredi: "O equipo está tranquilo. Crecerá aos poucos. A primeira vitoria dará máis confianza"

O partido poderase seguir en directo pola G2 e en AGalega.gal

G24.gal 20/09/2024 13:22 Última actualización 20/09/2024 13:33

Os pupilos de Fredi Álvarez seguen buscando a primeira vitoria da tempada, despois de arrincar o curso con dous empates en casa e dúas derrotas a domicilio. A última vivírona o pasado domingo en Tajonar.

Malia mostrar superioridade en varias fases do encontro e xerar ocasións perigosas, o Celta Fortuna non logrou transformar o seu dominio en goles e terminou pagando caros os seus erros defensivos e a falta de contundencia nas áreas.

Caeu 3-1 ante Osasuna Promesas. O triunfo para os celestes, sempre candidatos a estar arriba e loitar polo ascenso, está a resistirse e é que, ademais da mencionada derrota, os seus resultados foron dúas igualadas en Balaídos na primeira data ante o Barakaldo e logo ante Arenteiro, e unha derrota a domicilio na súa visita ao Real Unión.

Fredi non está preocupado.

"O equipo está tranquilo. Crecerá aos poucos. A primeira vitoria dará máis confianza"

Unionistas venceu por 2-1 ao filial do Barcelona cun dobrete de Jonny Arriba e suma sete puntos de doce posibles en Primeira RFEF.

O partido poderase seguir en directo pola G2 e en AGalega.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar