Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jordi Escobar axusta a conta pendente que tiña co gol (4-1)

Jordi Escobar axusta a conta pendente que tiña co gol (4-1)

O dianteiro marcou un dobrete contra a Segoviana e remendou o erro do penalti da semana pasada diante do Lugo

G24.gal 26/10/2024 22:04

Na décima xornada da Primeira Federación o Celta Fortuna acadou a vitoria diante da Ximnástica Segoviana con claridade (4-1). O equipo viña de perder diante do Lugo e estaba en postos de descenso pero o cadro de Fredi Álvarez reaccionou con contundencia. 

No minuto 22 da primeira parte David de la Iglesia marcou un gran gol a pase de Fer López. No minuto 12 do segundo tempo empataba a Segoviana cun tanto do redondelán Davo logo dun erro importante do porteiro Marc Vidal. Sorte para o Celta que apareceu o dianteiro Jordi Escobar con dous goles en catro minutos, no 69 e no 73. Escobar viña de fallar un penalti no engadido no partido anterior e serviulle para reivindicarse diante do seu público. 

Xa no último intre apareceu Fer López para marcar un gran gol e pechar un resultado xusto que confirma a mellora do cadro vigués como local. 

A goleada confirma a mellora  do filial, que segue a ter a meta da formación de xogadores para o primeiro equipo. Neste senso, Fredi ÁLvarez lembrou tras o partido que os seus "teñen que ter fame, vendo o que está a pasar no club. O mércores hai Copa, e Claudio tirará dalgún deles"

Tamén Fer López recoñeceu que "todos soñamos, e Claudio vainos dar a oportunidade. Se seguimos así, algún estará co primeiro equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar