Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fer López vístese de xenio para darlle ao Celta Fortuna o primeiro triunfo

Fer López vístese de xenio para darlle ao Celta Fortuna o primeiro triunfo

O mediapunta entrou no segundo tempo e marcou o único gol do partido (0-1)

G24.gal 29/09/2024 13:29 Última actualización 29/09/2024 13:55

O filial do Celta acadou o primeiro triunfo da temporada nas instalacións de Lezama diante doutro filial, o do Athlétic, ao que superou na clasificación. 

No primeiro tempo non houbo moitas ocasións. Os dous equipos querían o balón, pero sen profundidade. A mellor oportunidade para o Celta Fortuna tívoa o lateral Tincho e o Athlétic tamén avisou nun par de ocasións a Vidal. 

Fer López quedara no banco de suplentes pero no descanso Fredi botou man del. Non tardou nin dous minutos en amosar a súa calidade. Un gol de bandeira que decidiu o partido e a primeira vitoria do Celta Fortuna. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar