Balaídos festexa o primeiro triunfo do Fortuna na casa (3-1)
Balaídos festexa o primeiro triunfo do Fortuna na casa (3-1)
O equipo de Fredi levaba tres empates e coa vitoria sae dos postos de descenso
O Celta Fortuna puido celebrar cos seus afeccionados o primeiro triunfo da temporada en Balaídos. Levaba tres empates o equipo de Fredi que se impuxo ao Amorebieta na oitava tirada do campionato por 3-1.
O equipo vigués volveu a levar a iniciativa, como en todos os partidos xogados ata o de agora, diante dun rival moi pechado no seu campo. Conseguiu adiantarse cun lanzamento desde a frontal de Fer López pero as pantasmas volveron aparecer cando Yoel Lago marcaba na súa propia portería xusto antes do descanso.
Na segunda metade decidiu o equipo vigués. Tincho aos cinco minutos atopou o premio á súa insistencia ofensiva. E contra o final entrou Jordi Escobar, ao que botaron en falta durante a súa lesións, e fixo o que mellor sabe. Definiu dun xeito maxistral cun remate desde a frontal da área.