Barbora Krejčíková é campioa de Wimbledon
Barbora Krejčíková é campioa de Wimbledon
A checa foi a que eliminou a Jessica Bouzas na terceira rolda
Barbora Krejčíková é campioa de Wimbledon e consegue o seu segundo gran título tras conquistar Roland Garros en 2021, momento no que comezou un ascenso meteórico que culminou cun 2º posto no ranking WTA individual o 28 de febreiro de 2022. Todo isto foi na modalidade individual, pero a súa especialidade é os dobles onde xoga xunto a súa compatriota Kateřina Siniaková, gañando ata 7 Grand Slams.
Neste Wimbledon Krejčíková -31 do mundo- xogou a partir de octavos contra xogadoras con máis ranking que ela. En terceira rolda eliminou á vilagarciá Jessica Bouzas, pero a partir de ahí tivo que gañar a Collins -11 do mundo-, Ostapenko -13 do mundo-, Rybakina -4 do mundo- e na final a Paolini -7 do mundo-. Superou en 3 sets á italiana, 6-2/2-6/6-4