Barcelona e Atlético collen vantaxe nas súas eliminatorias da Liga de Campións
Barcelona e Atlético collen vantaxe nas súas eliminatorias da Liga de Campións
O Barcelona gañou no Parque dos Principes cun Raphinha estelar (2-3)
O Atlético comezou moi ben pero só leva un gol de vantaxe a Dortmund (2-1)
O Barcelona acadou un gran resultado no campo do París Saint Germain. Gañou por 2-3 noutro partido espectacular cheo de emoción, goles e alternativas. Raphina estivo estelar con dous goles e encamiñando o triunfo catalán.
O brasileiro marcou o primeiro tanto no minuto 37 nun período inicial en que o Barcelona soubo controlar as estrelas do PSG. Pero nos cinco primeiros minutos do segundo tempo os de Luis Enrique xa lle deran a volta ao partido cos goles de Dembélé e Vitinha.
Non desesperou o Barça, que atopou o empate grazas a Raphinha no 62, e acabou aproveitando Christensen un erro de Donnarumma para poñer o 2-3 que encamiña a eliminatoria.
Llegar y frotar la lámpara 🧞
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) April 10, 2024
El primer balón que tocó @Pedri fue un regalo a Raphinha. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/0J7zAgfl4C
Gran primeiro tempo do Atlético
O Atlético de Madrid puido deixar sentenciada a eliminatoria logo dun primeiro tempo en que lle pasou por riba ao Borussia de Dortmund. De Paul e Samuel Lino poñían un 2-0 moi esperanzador. No segundo tempo o equipo de Simeone tentou durmir o partido, e os alemáns foron entrando no encontro ata que Haller anotou o gol (minuto 81) que lle dá vida para a volta.
No es un pase, es 𝒖𝒏 𝒄𝒂𝒓𝒂𝒎𝒆𝒍𝒐. 🍬
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) April 10, 2024
No es un remate, es 𝒖𝒏𝒂 𝒄𝒂𝒓𝒊𝒄𝒊𝒂 𝒅𝒆 𝒈𝒐𝒍. 🎯
Griezmann y Lino fabrican el segundo del @Atleti. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/VMTs7GWmsE