Publicador de contidos
Publicador de contidos

Barcelona e Real Madrid pelexan por un oco a carón dos navarros

Barcelona e Real Madrid pelexan por un oco a carón dos navarros

O equipo catalán parte coa vantaxe que acadou no Bernabeu (0-1)

G24.gal 04/04/2023 21:20

Barcelona e Real Madrid buscan a praza na final da Cartuja o vindeiro seis de maio. O Barcelona ten a vantaxe do 0 a 1 logrado no Santiago Bernábeu, aínda que Xavi considera que o Madrid segue sendo o favorito. Os blaugrás levaron os últimos tres clásicos disputados e o técnico branco pensa que agora chegou a súa quenda.

Ancelotti, sinalado polo resultado dos tres clásicos previos, descarta unha revolución táctica no Camp Nou. O madridismo amósase optimista grazas á mellor imaxe do seu referente ofensivo ante o Valladolid.

Cre Ancelotti que o equipo precisa máis acerto e transicións máis rápidas para igualar a contenda. O certo é que un gol abondaría para poñer o contador a cero no Camp Nou.

A xeira de dominio de Xavi sobre Ancelotti sométese ao exame definitivo este mércores no estadio azulgrá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar