Belén Toimil "Estou totalmente centrada en París 2024"
Belén Toimil "Estou totalmente centrada en París 2024"
A mugardesa recibiu a distinción da Federación Galega, na Gala do centenario celebrada en Lalín
Cunha viaxe lóstrego dende León, onde adestra, Belén Toimil presentouse na capital do deza para recibir a homenaxe de todo o atletismo galego. Alí conversou coa radio Galega.
"Veño para esta celebración e agora volvo a León que mañá toca adestrar. É sorprendente canta xente tivo implicación nestes cen anos e estar todos unidos nesta Gala. Somos unha familia, cos compañeiros, cos clubs, cos adestradores. Cando me retire sempre quedarán estas sensacións"
Tras o seu espectacular ano, coa presenza nas Olimpiadas de Tokio, a mugadesa ten moi claros os obxectivos para os vindeiros anos.
"Estou totalmente centrada en París, no ano 2024. Hai Mundiais e Europeos polo medio, é certo, pero eu miro para cita olímpica. estou en boa forma e vou tentar aproveitalo para achegarme ao meu mellor nivel. No 2022 tentarei estar nas finais das grandes citas"