Ben "Perdín o ouro por erros técnicos meus"
Ben "Perdín o ouro por erros técnicos meus"
O viveirense colgouse o bronce na proba de 800 metros lisos
Nunha final moi lenta e táctica, Adrián Ben non puido cumprir o soño de gañar a medalla de ouro nos campionatos de España baixo teito desputados durante esta fin de semana en Expourense. O de Viveiro analizou no Galicia en Goles a súa participación.
"Perdín o ouro e a prata por erros técnicos meus, de carreira. As sensacións eran para gañar, non se pode gañar sempre pero creo que hoxe si se podía. Quixen colocarme diante. O troco bastante longo, tentei pasar por fóra, pago tentar adiantar polo exterior. se opto por ir por dentro, tería chegado. Aquí non regalan nada. Vou contento porque a preparación, para tódolos problemas que tivemos, foi ben"
Autocrítico pero ilusionado coa nova campaña, Adrián recoñeceu que segue coa espiña cravada de non poder gañar na súa terra.
"Segundo campionato que se celebra en Galicia, segundo campionato que non podo gañar, que é o meu soño, gañar na miña casa. Hai que seguir traballando. Toca rodaxe. Para ter o parón polo covid, atopeime ben e augura uns bos libres"