Berlusconi comezou a quimioterapia contra a leucemia
Berlusconi comezou a quimioterapia contra a leucemia
Nun primeiro momento falouse dunha hospitalización por problemas cardíacos
Berlusconi, en coidados intensivos por problemas cardiovasculares
O exmandario e líder de Forza Italia, Silvio Berlusconi, que está ingresado na unidade de coidados intensivos do hospital San Rafael de Milán, comezou un ciclo de quimioterapia debido á leucemia que padece, segundo informou hoxe a axencia italiana ANSA.
Este mércores despois de ingresar fixéronlle a primeira administración e o seu estado é "estable", engadiu ANSA que cita "fontes ben informadas".
Durante a mañá de hoxe, o exmandatario e fundador do imperio Fininvest chamou a algúns dos dirixentes do seu partido para pedirlles "o máximo compromiso" porque "o país necesítanos", mentres que polo momento non se emitirá ningún parte médico.
Segundo algúns medios, polo momento a familia non quixo difundir un parte médico, mentres que outros aseguran que a Berlusconi diagnosticóuselle unha forma de leucemia, que lle provocou unha pneumonía e que por iso xa fora xa ingresado catro días e foi dado de alta o 30 de marzo.
O líder de Forza Italia e tres veces primeiro ministro de Italia, Silvio Berlusconi, pasou a noite no hospital San Raffaele de Milán en coidados intensivos e só recibiu a visita da familia.
O presidente de Forza Italia, de 86 anos, atópase na unidade de coidados intensivos xenerais e cardiotorácicos que dirixe o doutor Alberto Zangrillo, que é o seu médico persoal desde hai anos e quen hoxe poida que dea un parte médico aínda que a súa familia optou por manter a privacidade sobre o estado de saúde de Berlusconi, segundo algúns medios.