Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bermeo e Chapela gañan o campionato estatal de traiñeiriñas

Bermeo e Chapela gañan o campionato estatal de traiñeiriñas

Na antesala da temporada de traiñeiras o remo galego celebrou catro dos seis títulos que se poñían en xogo

G24.gal 26/05/2024 14:50

Chapela na categoría feminina e Bermeo na masculina levaron os triunfos na categoría sénior do campionato estatal de traiñeiriñas, antesala da competición de traiñeiras que comezará a partir do mes de xuño. 

O triunfo de Chapela na feminina foi incontestable sacándolle unha boa marxe a Tirán e Cabo. Na masculina o equipo de Bermeo impuxo o seu gran potencial e papel de favorito aínda que tivo unha dura loita con Ziérbena, adestrada polo moañés Dani Pérez Fandiño. No terceiro posto rematou Cabo da Cruz. 

Na categoría cadete houbo dobrete para o Náutico de Boiro que gañou tanto en mulleres como en homes. O outro triunfo galego chegou nos xuvenís masculinos onde Robaleira entrou por diante de Ondarroa. O equipo vasco foi, precisamente, o que acadou a vitoria na categoría feminina. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos