Berto: "Non sei se acabarei só de produtor. Algo que me 'flipa' é axudarlles a parir un pouco"
Sinto' é o segundo disco de Berto, entre o pop, o trap, a electrónica ou o post-punk
En Sinto colaboran: Fillas de Cassandra, Marinha, Nia Twee, Sleepy Spice, Ash Diz ou Guadi Galego
Cando deixou de ser Verto con V e comezou a ser Berto, con B, Berto Mira amplificou o mundo, o del e o da música de toda unha nova xeración de artistas. Algúns colaboran no segundo disco que acaba de presentar. Trece temas, diversos, nun multiverso onde mirar atrás está permitido, pero só para coller impulso e atoparse e o feito de chorar ten unha nova perspectiva.
Bágoas de cocodrilo é un dos vídeos que nos foi presentando xa deste novo traballo. Temas entre o pop, o trap, a electrónica ou o post-punk entre o pracer do existir, do resistir e sobre todo do sentir. Berto volve vivo, sen máis motivo.