Cargando resultados...
Besteiro elude posicionarse sobre a ordenanza das vivendas turísticas de Compostela
Besteiro elude posicionarse sobre a ordenanza das vivendas turísticas de Compostela
O PSdeG de Compostela xa avanzou a semana pasada que se absterá na votación, polo que non sairá adiante
G24.gal
24/06/2024 13:55
Esta tarde debaterase no pleno do Concello de Santiago unha ordenanza para ilegalizar 600 pisos turísticos que non contan con licenza. O PSdeG de Compostela xa avanzou a semana pasada que se absterá na votación, polo que non sairá adiante.
Sobre este tema preguntáronlle en Ourense ao secretario xeral dos socialistas galegos. Xosé Ramón Gómez Besteiro limitouse a lembrar as medidas adoptadas polos socialistas para restrinxir os pisos turísticos en Compostela.