Besteiro: "Estamos preparados para gobernar Galicia"
Besteiro: "Estamos preparados para gobernar Galicia"
Nadia Calviño reivindica a candidatura de Besteiro como o presidente"dialogante e con respecto ás institucións" que precisa Galicia.
Besteiro: "Custoume moito chegar ata aquí pero aquí me quero quedar "
Os socialistas galegos pechan a convención política co convencemento de poder gañar as vindeiras eleccións autonómicas. Gómez Besteiro defende que ten "un proxecto de primeira para formar un Goberno de primeira". Mantén que son o partido das solucións para Galicia e déixalle unha mensaxe ao PP.
"Cando queiras e como queiras, os socialistas estamos preparados para gobernar Galicia. Despois de 14 anos de Goberno do Partido Popular non conseguiron a taxa máis baixa de desemprego, nin a taxa máis alta de ocupación, nin o volume bruto de ocupación que Galicia conseguiu con Emilio Pérez Touriño. O ano pasado o PIB de Galicia medrou dous puntos menos que a media española, imos continuar catro anos máis así?".
Gómez Besteiro dixo que se sentía afagado co ofrecemento que lle fixo Pedro Sanchez de ser ministro pero explicou o porqué do seu non.
"Custoume moito chegar ata aquí pero aquí me quero quedar e aquí me vou quedar".
A vicepresidenta do goberno, Nadia Calviño, subliñou que Galicia necesita un presidente dialogante e que colabore coas institucións para situar a comunidade á cabeza da economía verde e dixital.
"Porque é fundamental, para os servidores públicos respectar as institucións, empezando polo Goberno. Cando o presidente do Goberno chama a alguén para que veña á Moncloa, vaise; e o señor Feijoo xa está chegando tarde. É de primeiro de democracia".