Publicador de contidos
Publicador de contidos

Besteiro toma posesión este luns como novo delegado do Goberno ante Rueda e Miñones

Besteiro toma posesión este luns como novo delegado do Goberno ante Rueda e Miñones

Supón a rehabilitación política de Gómez Besteiro, líder do PSdeG ata 2016, cando se viu forzado a dimitir tras ser imputado ata en dez ocasións, aínda que todas as causas se arquivaron con posterioridade

G24.gal 02/04/2023 21:38 Última actualización 03/04/2023 13:35

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidirá o luns a toma de posesión do novo delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro.

O político lucense prevé tomar posesión do cargo este luns ante dous ministros no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco). Á cerimonia acode o seu antecesor no cargo e actual ministro de Sanidade, José Miñones.

Tamén a Xunta confirmou que estará no acto o titular da Xunta, Alfonso Rueda, que por precedencia presidirá o acto.

O decimosegundo titular do cargo non tomará posesión do mesmo na Delegación do Goberno, como é habitual, senón que o fará no recinto de Palexco, pola súa maior capacidade para albergar eventos.

O programa previsto establece o inicio da cerimonia ás 13:30 horas, cun cambio sobre a tradición xa que se facía pola tarde ata o de agora.

Trátase da rehabilitación política de Besteiro, líder do PSdeG ata 2016, cando se viu forzado a dimitir tras ser imputado en dez ocasiones, aínda que todas as causas se arquivaron posteriormente.

Trátase do terceiro socialista no cargo desde a moción de censura de 2018, tras Javier Losada e José Miñones.

Antes que eles estiveran Domingo García-Sabell, Juan Miguel Diz Guedes, Arsenio Fernández de Mesa, Manuel Ameijeiras, Antón Louro, Miguel Ángel Cortizo, Xosé Manuel Pouse, Samuel Juárez e Santiago Villanueva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade