Cargando resultados...
O PPdeG fai balance parlamentario dunha lexislatura marcada por dúas investiduras
O PPdeG fai balance parlamentario dunha lexislatura marcada por dúas investiduras
Os populares din que foron catro anos intensos de compromisos cumpridos por Alfonso Rueda
G24.gal
27/12/2023 14:32
E o Partido Popular de Galicia fixo balance da actividade parlamentaria dunha lexislatura que remata. O voceiro parlamentario, Alberto Pazos, destaca a intensa actividade lexislativa. E lembra que saíron adiante 15 proxectos de lei con Rueda como presidente; entre eles, a Lei do xogo de Galicia ou a Lei do Litoral.
"Esperamos que agora os galegos que teñen que referendar o que fixemos cada un de nós, poidan darnos esa confianza maioritaria pola que imos traballar. Fixemos todo o posible nestes catro anos por estar ao seu carón e por darlles solucións útiles".