Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bicis e patinetes eléctricos gañan terreo na mobilidade das cidades galegas

Bicis e patinetes eléctricos gañan terreo na mobilidade das cidades galegas

O domingo 10 de xullo celébrase o Día mundial dos vehículos de mobilidade persoal

As zonas de velocidade limitada e os carrís bici favorecen o uso destes vehículos, que promoven unha mobilidade máis sostible

G24.gal 08/07/2022 20:33 Última actualización 08/07/2022 21:01

O uso dos vehículos de mobilidade persoal duplicouse en España tras a pandemia. Dun millón 300.000 usuarios pasouse a 3 millóns de persoas usuarias habituais.

"Notamos un crecemento exponencial. Non tanto se cadra como as bicicletas que foi fóra de serie e hai mesmo listaxes de espera para conseguir unha bicicleta. No noso caso non é tan espectacular, pero notamos moitísimo crecemento", di o presidente da Asociación coruñesa de usuarios de vehículos de mobilidade persoal Enrique Fernández

Un uso máis estendido que se está a ver favorecido polo aumento da superficie destinada a carrís bici nas cidades e pola sinalización de zonas urbanas de velocidade limitada, baixando de 50 a 30 e incluso a 20km/h.

"Os vehículos de mobilidade persoal como as bicicletas precisamos unha velocidade de convivencia cos outros vehículos, entón precisamos unha velocidade máis calmada e iso axudounos moito. Que pasa? Que iso é un cambio que á hora de mudar na mentalidade do condutor vai levar un tempo. Aínda atopamos moita xente que vai con moita présa, que achucha, que parece que lles estorbamos pola estrada e non se dan conta de que temos tanto dereito a usar a calzada como eles", sinala Enrique Fernández.

Para quen fai uso destes vehículos persoais todo son vantaxes: evita os problemas de estacionamento cunha mobilidade sen ruidos e sen emisións que reduce o impacto ambiental.

A Coruña sumarase ao día mundial dos vehículos de mobilidade persoal, que se celebra este domingo, cun roteiro pola cidade.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade