Publicador de contidos
Publicador de contidos

Joe Biden só abandonará a carreira presidencial se llo pide o Todopoderoso

Joe Biden só abandonará a carreira presidencial se llo pide o Todopoderoso

Atribuíuse a culpa do seu mal debate fronte a Trump, pero considera que non hai "ningúen máis cualificado" para ser presidente

Biden chega a Wilmington para participar nun acto de campaña. REUTERS/Nathan Howard
G24.gal 06/07/2024 09:09 Última actualización 06/07/2024 14:53

O presidente dos EUA, Joe Biden (81 anos), asegurou este venres que a única posibilidade de abandonar a carreira presidencial é que interveña "o Señor Todopoderoso".

"Se o Señor Todopoderoso me dixese que abandone a carreira electoral, baixaría da carreira, pero o Todopoderoso non vai baixar".

Foi unha nunha entrevista emitida pola ABC, que levantou moita expectación porque era a primeira tras o desastre do primeiro debate electoral contra o expresidente Donald Trump (2017-2021) o pasado 27 de xuño.

Biden respondeu deste xeito ao xornalista George Stephanopoulos cando lle preguntou como reaccionaría se o líder da maioría do Senado, Chuck Schumer, e a líder dos demócratas na Cámara de Representantes, Nancy Pelosi, expresasen as súas preocupacións sobre a perda do poder.

O mandatario, que superaría os 85 anos na Casa Branca coa reelección, negou varias veces que iso vaia pasar e asegurou que todos son escenarios "hipotéticos". 

"Non creo que haxa ninguén máis cualificado que eu para ser presidente e gañar esta carreira electoral".

Biden, no ollo do furacán desde a súa actuación no primeiro debate presidencial, no que o presidente titubeou e non fiou frases de xeito coherente, tamén rexeitou unha avaliación médica independente para amosarlle ao electorado que está en boa condición física.

"Teño unha proba cognitiva cada día (...) Todos os días teño probas en todo o que fago", respondeu Biden e engadiu que os seus médicos persoais non dubidarían en dicirlle se algo estivese mal coa súa saúde.

Atribuíuse a culpa

Na súa charla con Stephanopoulos, Biden atribuíuse a culpa do seu mal debate fronte a Trump pero descartou que lle pase "algo grave".

"Foi exclusivamente a miña culpa, non de ninguén máis. Foi un mal episodio, non nada grave. Estaba exhausto. Non escoitei o meu instinto".

O mandatario nun momento da entrevista

Segundo fontes demócratas influentes consultadas por ABC News tras a entrevista, a mellor actuación de Biden nese cara a cara non cambia a crise interna do partido e o feito de que Trump ten todas as de gañar se as enquisas están da súa parte.

Neste contexto, a capacidade mental do mandatario convértese en central. De feito, algúns membros do seu partido e doantes importantes para o Partido Demócrata incluso pediron abertamente a Biden que se retire da contenda.

O senador demócrata de Virxinia Mark R. Warner, por exemplo, está a tentar reunir un grupo de senadores do seu partido para presionar o presidente a abandonar a candidatura presidencial.

Pola súa banda, o cofundador de Netflix e un dos maiores doantes, Reed Hastings, pediulle ao presidente que se puxese a un lado para "permitir que un líder demócrata vigoroso derrote a Trump".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade