Biden alerta na ONU de que ningún país estará seguro se Ucraína perde a guerra
Biden alerta na ONU de que ningún país estará seguro se Ucraína perde a guerra
Zelenski foi o líder máis aplaudido e dixo que Rusia trata de gañar certos países con tratos baixo a mesa
O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, avisou este martes ante a Asemblea Xeral da ONU de que ningún país terá asegurada a súa independencia se Ucraína perde a guerra pola invasión rusa.
O mandatario reivindicou a necesidade de seguir apoiando militarmente ao Goberno de Kiev para defender a integridade territorial de Ucraína e "disuadir" a Rusia de que invada outros países no futuro.
"Se abandonamos os principios básicos da Carta das Nacións Unidas, poderá algún estado membro sentirse seguro? Se permitimos que Ucraína sexa dividida, estará asegurada a independencia dalgunha nación? A resposta é non", advertiu Biden.
Zelenski, o líder máis aplaudido
O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, interveu por primeira vez en persoa na Asemblea Xeral da ONU, na que acusou a Rusia de tratar de gañar o apoio de certos países, aos que non identificou, con tratos baixo a mesa, e advertiulles de que "non se pode confiar no diaño".
Zelenski foi o líder máis aplaudido ao entrar no hemiciclo e asegurou que este mércores presentará ante o Consello de Seguridade os detalles do seu plan de paz, que ata o de agora conta co apoio firme da Unión Europea e dos Estados Unidos.