Biden planea novas restricións: unha delas sería un test negativo a todos os viaxeiros aínda que estean vacinados

Biden podería anunciar este xoves estas novas medidas
A administración estadounidense planea endurecer as restricións aos viaxeiros que cheguen ao pais para frear a propagación da nova variante do coronavirus.
Segundo adiantan algúns xornais, Biden podería anunciar este xoves estas novas medidas, entre elas a de esixir que todas as persoas que cheguen aos Estados Unidos realicen un test un día antes da súa entrada, independentemente de que estean vacinadas.
Outra das medidas podería ser obrigar a todos os visitantes, incluídos os cidadáns estadounidenses, a poñérense en corentena durante sete días mesmo se o resultado da proba de coronavirus é negativo.