Partidarios de Bolsonaro toman o Pazo Presidencial, o Supremo e o Congreso do Brasil en actos golpistas contra Lula
Partidarios de Bolsonaro toman o Pazo Presidencial, o Supremo e o Congreso do Brasil en actos golpistas contra Lula
Partidarios de Bolsonaro toman o Pazo Presidencial, o Supremo e o Congreso do Brasil en actos golpistas contra Lula
Reclaman unha intervención militar para derrocar o goberno de Lula e a reinstalación no poder de Jair Bolsonaro
O ministro de Seguridade Pública asegura que os "absurdos" intentos golpistas "non se imporán"
Pedro Sánchez pide o "retorno inmediato á normalidade democrática"
Centenares de seguidores do expresidente brasileiro Jair Bolsonaro invadiron este domingo a sede do Congreso Nacional nunha manifestación que pide unha intervención militar para derrocar o presidente Luiz Inácio Lula da Silva.
O grupo que defende teses golpistas superou unha barreira policial e subiu a rampla que dá acceso ao teito dos edificios da cámara dos deputados e do Senado.
Pouco despois seguidores do expresidente brasileiro, o ultradereitista Jair Bolsonaro irromperon no Pazo de Planalto, sede do executivo e a Corte Suprema. Os manifestantes que xa ocupan os edificios dos tres poderes no país racharon as vidreiras das sedes do Poder Xudicial e do Congreso Nacional.
Os actos antidemocráticos piden a intervención militar das Forzas Armadas para derrocar a Lula, quen asumiu a presidencia de Brasil o día 1.
O asalto de Brasilia lembra o perpetrado no Capitolio de Estados Unidos hai dous anos coa diferenza de que o Congreso brasileiro non está en sesión, só retomará as súas actividades en febreiro.
O derrotado Bolsonaro está en Estados Unidos, en Orlando, A Florida, onde viaxou dous días antes da toma de posesión de Lula para evitar darlle a solemne remuda e colocarlle a banda presidencial.
Centenares de bolsonaristas radicais están acampados fronte ao Cuartel Xeral do Exército, en Brasilia, desde o día seguinte ás eleccións do 30 de outubro, nas que Lula derrotou a Bolsonaro.
Tamén atacaron algúns vehículos da Policía Lexislativa, que brinda seguridade ao Congreso. Destruíron barreiras de protección e armados con paus enfrontáronse aos axentes que tentaron conter, sen éxito, a entrada dos manifestantes.
Lula, que asumiu a presidencia de Brasil o día 1, atópase esta fin de semana de viaxe na cidade de Araraquara, en San Paulo.
Os campamentos dos bolsonaristas radicais, que se multiplicaron en cidades de todo o país, comezaron a ser desmontados o venres en Belo Horizonte, capital de Minas Gerais, onde se rexistraron algúns disturbios.
O sábado, o ministro de Xustiza, Flávio Dino, autorizou a actuación da Forza Nacional de Seguridade, un grupo de elite dos corpos de Policía de todo o país, que se mobiliza para misións especiais.
Desde o triunfo de Lula na segunda volta electoral do 30 de outubro, co 50,9 % dos votos válidos fronte ao 49,1 % de Bolsonaro, os simpatizantes deste concentráronse nos arredores dos cuarteis do Exército.
Antes da invasión do Congreso, Dino pronunciouse nas redes sociais e dixo que os opositores deberán esperar ata 2026, cando se celebren as próximas eleccións presidenciais, así como o actual Goberno esperou entre 2018 e 2022.
Nun comunicado, Dino manifestou que o Ministerio de Xustiza convocou unha reunión de emerxencia cos organismos de seguridade para facerlles fronte ás manifestacións.
⚠️ Bolsonaristas derrubam as grades e vão em direção ao Congresso Nacional pic.twitter.com/lmQHLTSvPt
— Metrópoles (@Metropoles) January 8, 2023
O presidente do Congreso de Brasil, o senador Rodrigo Pacheco, pediu castigar de forma "urxente" e co "rigor da lei" aos radicais bolsonaristas que invadiron as sedes do Parlamento, a Presidencia da República e a Corte Suprema, en Brasília.
"Repudio vehementemente estes actos antidemocráticos, que deben sentir o rigor da lei con urxencia", afirmou Pachecho, nunha mensaxe publicada nas súas redes sociais.
O senador informou de que está en "contacto permanente" co gobernador do Distrito Federal de Brasília, Ibaneis Rocha, quen lle asegurou que "está a concentrar os esforzos de todo o aparello policial" para "controlar a situación".
"Na acción, están empeñadas as forzas de seguridade do Distrito Federal, ademais da Policía Lexislativa do Congreso", engadiu Pacheco.
A Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (Celac) que preside a Arxentina expresa o seu apoio a Lula e rexeita as "accións violentas" no Brasil.
O respaldo ao goberno do Brasil chega tamén desde Chile e o presidente Boric cualifica os actos de "vil ataque á democracia. Unha condena á que se sumaron tamén a Arxentina ou Colombia que reclama unha reunión urxente da Organización de Estados Americanos (OEA) ante o intento de "golpe" no Brasil.
O partido de Bolsonaro condena o asalto
O opositor Partido Liberal (PL), do expresidente Jair Bolsonaro, condenou este domingo "vehementemente" a "depredación" do Congreso Nacional, tras a invasión ás sedes dos tres poderes por parte de bolsonaristas radicais.
"Condenamos vehementemente este tipo de actitude. E que a lei sexa cumprida fortalecendo a nosa democracia", declarou o presidente do PL, Valdemar Costa, nun comunicado.
Milleiiros de bolsonaristas que promoven un golpe de estado contra o presidente Luiz Inácio Lula dá Silva invadiron este domingo o Parlamento, a Presidencia da República e a Corte Suprema, en Brasília, causando numerosos danos nos edificios.
"Hoxe é un día triste para a nación brasileira. Non podemos estar de acordo coa depredación do Congreso Nacional. Todas as manifestacións con orde son lexítimas e a desorde nunca formou parte dos principios da nosa nación", completou Costa.
O expresidente Bolsonaro, que está nos Estados Unidos desde o pasado 30 de decembro, non se manifestou aínda acerca dos sucesos ocorridos en Brasília.
O presidente do Goberno español sumouse á condena internacional polo que sucede no Brasil, e expresou o seu total apoio á Lula e o seu goberno democrático. Pedro Sánchez esixe o "retorno inmediato á normalidade democrática".
Todo meu apoio ao presidente @LulaOficial e às instituições eleitas livre e democraticamente pelo povo brasileiro.
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) January 8, 2023
Condenamos veementemente o assalto ao Congresso brasileiro e pedimos o retorno imediato à normalidade democrática.
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo manifesta o seu apoio ao pobo brasileiro e insta a reestablecela orde e non ceder ante "populismos".
Os Estados Unidos expresaron o seu apoio "inquebrantable" a institucións democráticas do Brasil e condenan o asalto por parte de simpatizantes de Bolsonaro. A EU sumouse a este condena e ao apoio a Lula como presidente.
Desde Francia Macron dille a LUña que pode contar co apoio incondicional de Francia