Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bonnie Tyler, este martes en concerto en Santiago de Compostela

Bonnie Tyler, este martes en concerto en Santiago de Compostela

A cantante galesa leva máis de 50 anos nos escenarios

Está de xira presentando o seu último traballo: 'O mellor está por chegar'

Beatriz Moyano 06/12/2021 21:53

Boniie Tayler recibiu a prensa en Santiago de Compostela antes de ofrecer este martes un concerto no Multiúsos do Sar.  A icónica cantante galesa ten unha carreira máis que notable que abrangue cinco décadas e máis de 100 millóns de discos vendidos.

Posuidora dunha voz moi característica chegoulle o éxito mundial na década dos 80 con temas como ‘Total Eclipse of the Heart’, ‘Holding Out for a Hero’ ou 'It is a Heartache', todos eles éxitos, en Gran Bretaña, Europa e os EUA. 

Confesounos que chega a Compostela con moitas ganas logo de estar dous anos parada pola pandemia. Está desde xullo inmersa na xira do seu último traballo: 'O mellor está por chegar', fiel ao estilo dos 80 e da súa música. Con todo, dixo que non faltarán en Compostela os grandes éxitos para que todo o mundo se divirta. 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade