Publicador de contidos
Publicador de contidos

Boris Johnson négase a dimitir e levanta as retricións anticovid–19

Boris Johnson négase a dimitir e levanta as retricións anticovid–19

A partir do mércores 26 xa non será obrigatorio o uso da máscara

Tampouco haberá que presentar o pasaporte de vacinación para asistir a grandes eventos

Xa non será necesario traballar desde a casa

G24.gal 19/01/2022 19:28

Boris Johnson anunciou no Parlamento a fin das restricións anticovid–19 a partir do mércores día 26, e fíxoo nunha sesión marcada de novo polas continuas peticións de dimisión polo escándalo das festas en Downing Street.

Fin das restricións anticovid–19

A partir do mércores 26 xa non será obrigatorio o uso da máscara nin presentar o pasaporte de vacinación para asistir a grandes eventos, tampouco será necesario traballar desde a casa.

Lembremos que as restricións no resto do país están xestionadas polos gobernos de Escocia, Gales e Irlanda do Norte respectivamente.

Escándalo das festas

A pesar de que Johnson quería deixar atrás o escándalo das festas, a sesión converteuse nun airado debate en que o primeiro ministro volveu afrontar peticións de dimisión desde a súa propia bancada e tivo que ver como un deputado conservador desertaba e sentaba na bancada laborista.

Cada vez parecen estar máis preto esas 54 cartas de non confianza necesarias que deixarían a Johnson fóra de Downing street. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade