Borja Iglesias volve vestir a camisola do Celta
Borja Iglesias volve vestir a camisola do Celta
"Sempre pensaba no efémero que fora o meu paso anterior", comentou o Panda na súa presentación como novo xogador celeste
Montado no seu Seat Panda apareceu Borja Iglesias pola Madroa, ese campo en que tantas veces se adestrou para defender a camisola do filial. Unha fichaxe ilusionante para completar a dianteira do equipo dun Claudio Giráldez que insistiu moito para que o dianteiro santiagués estivese en Vigo esta temporada.
Tamén insistiron Kevin ou Iago Aspas, "pero eu xa estaba convencido". Borja Iglesias comentou que o seu paso anterior polo club (catro temporadas) foi moi efémero e que estar de volta era "a h...".
Entre 2013 e 2017 converteuse no referente ofensivo do Celta B. Marcou 75 goles en 146 partidos e realizou unha última temporada extraordinaria con 34 goles que o levaron ao fútbol profesional. Foi o Zaragoza o que lle deu a alternativa cunha cesión en Segunda, e ao ano seguinte, cando podía ter sitio no primeiro equipo do Celta, chegou unha oferta importante do Español. Logo viría o paso polo Betis, a Copa do Rei, os logros persoais e o último ano coa cesión no Leverkusen.