Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os 44 puntos de Robertson non impiden a derrota do Obradoiro

Os 44 puntos de Robertson non impiden a derrota do Obradoiro

Triunfo do Baskonia nun partido de marcado carácter ofensivo por 110-94

O primeiro cuarto, que rematou cun 34-9, marcou o partido

G24.gal 19/04/2023 20:52 Última actualización 19/04/2023 21:45

O primeiro cuarto condicionou de xeito total o partido entre o Baskonia e o Obradoiro, que acabou con vitoria local por 11-94. Nos primeiros dez minutos o equipo santiagués non estivo no partido e iso aproveitouno un dos mellores ataques da ACB para machacar. Heidegger (14 puntos) e Thompson (11) asociáronse nos primeiros dez minutos para lograr un contundente 34-9. 

O Obradoiro mellorou, sobre todo en ataque, pero en defensa seguiu dando moitas facilidades ao Baskonia. Grazas á actuación sobranceira de Kassius Robertson (44 puntos con 9 triplas) o equipo de Moncho Fernández conseguiu competir os tres seguintes cuartos e acabar o partido coa cabeza arriba. 

Ao descanso o resultado era de 58-40, o que falaba dunha moi mala defensa. Robertson empezou o seu recital no segundo período con 4 triplas. Continuouno no terceiro acto, que rematou cun 78-63 e acabou por cerralo nun último cuarto cheo de acerto. Kassius acabou os últimos dez minutos anotando 17 puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos