Publicador de contidos
Publicador de contidos

Brais Méndez estréase na Champions marcando o gol da Real Sociedade

Brais Méndez estréase na Champions marcando o gol da Real Sociedade

O equipo donostiarra empatou co Inter de Milán (1-1)

O Sevilla apañou o mesmo resultado contra o Lens francés

G24.gal 20/09/2023 22:16 Última actualización 20/09/2023 22:49

Brais Méndez estreouse en grande na Liga de Campións. O xogador de Mos marcou o primeiro gol da Real Sociedade na primeira xornada da fase de grupos (1-1).

Empatou ante o Inter de Milán, que viña coa etiqueta de ser o subcampión da Champions a temporada pasada. 

Durante moitos minutos a Real Sociedade foi por diante, mandou tres lanzamentos aos paus, pero acabou metida na súa área e recibiu o gol de Lautaro Martínez nos últimos intres do partido.

Empate do Sevilla contra o Lens (1-1)

O Sevilla empatou na súa casa ante o Lens francés. Adiantouse aos nove minutos cun gol de Ocampos, pero pouco despois empataba Fulgini para o Lens nun lanzamento de falta. 

O equipo andaluz tentaba na Champions esquecer o mal inicio ligueiro, pero só puido sumar un punto nun partido que se antollaba decisivo para as opcións de clasificación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade