Brais salva un punto para o Polvorín nun enfrontamento directo (0-0)
Brais salva un punto para o Polvorín nun enfrontamento directo (0-0)
O Laredo gozou da mellor ocasión, un penalti que Brais lle parou a Musy
O Polvorín non pasou do empate sen goles ante o Laredo no Anxo Carro, un resultado que non lle permite axexar a zona de salvación. Pero a igualada fronte a un rival que tamén ocupa posto de descenso permítelle manter a diferenza cos cántabros a seis puntos na táboa.
Foi un partido con poucas ocasións claras de gol. O filial animouse xa na segunda metade cun par de remates que buscaron a porta rival, pero non puideron crebar o empate a cero.
A oito minutos da conclusión, o Laredo dispuxo dun penalti a favor para levar o triunfo. Pero Musy topou con Brais, que sacou o remate e asegurou un punto, co que os de Trashorras seguen sumando na loita por manterse con vida na Segunda Federación.