Publicador de contidos

Publicador de contidos

Swedberg, listo para reaparecer en Mallorca

Swedberg, listo para reaparecer en Mallorca

O técnico celeste recupera tamén o internacional Óscar Mingueza

G24.gal 03/04/2025 17:01 Última actualización 03/04/2025 17:07

O atacante sueco Williot Swedberg está listo para reaparecer en Mallorca despois de recuperarse da rotura fibrilar que sufriu no bíceps femoral dereito durante o partido contra o Xirona do pasado 1 de marzo.

O futbolista completou con normalidade a sesión de adestramento deste xoves na cidade deportiva Afouteza, polo que mañá recibirá a alta médica e, en principio, entrará na convocatoria de Claudio Giráldez.

O técnico celeste, ademais, recupera ao internacional español Óscar Mingueza, que non puido xogar contra As Palmas ao ter que cumprir ciclo de tarxetas amarelas.

Coa recuperación destes futbolistas, o normal é que o atacante noruegués Jones O-Abdellaoui, fichado no pasado mercado invernal, volve xogar coa Celta Fortuna, que pelexa por eludir o descenso a Segunda Federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade