Brandon Taylor, reforzo de calidade para o posto de base do Leyma
Brandon Taylor, reforzo de calidade para o posto de base do Leyma
Procede do Baxi Manresa, onde anotou case 9 puntos por partido, acompañados de 2 rebotes e 3 asistencias en 17 minutos de xogo
O Leyma Básquet Coruña anuncia a contratación de Brandon Charles Malik Taylor (West Hollywood, California, Estados Unidos, 8 de xaneiro de 1994; 178 cm) para esta tempada 2024-2025.
O base norteamericano, que pasou catro anos na NCAA defendendo as cores da Universidade de Utah, suma ás súas costas un amplo currículo de experiencias en ligas europeas. Tras dar o salto ao baloncesto profesional co Alba Fehervar húngaro e posteriormente asentarse no Steaua Bucuresti romanés, Taylor alternou Italia e Francia durante catro anos nos que pasou sucesivamente por Bergamo Basket 2014, Le Mans, Reggio Emilia e Gravelines.
As súas boas tempadas levárono cara á liga chinesa, onde mediou 18 puntos, 4 rebotes e 6 asistencias nos Ningbo Rockets.
Este pasado curso foi o seu primeiro en España, defendendo as cores do BAXI Manresa durante 33 partidos. Neles, o novo xogador laranxa anotou case 9 puntos por partido, acompañados de 2 rebotes e 3 asistencias en 17 minutos de xogo.
Con Brandon Taylor, o equipo suma dirección de xogo e xeración de puntos. Destacou, en anteriores etapas, pola súa capacidade de desbordar grazas á súa velocidade e ao seu excelente manexo de balón.
Ademais, posúe un bo lanzamento desde a liña de 3 puntos e habilidade para xerarse os seus propios tiros. Conta con grandes medias de asistencias por partido, fortalecendo o xogo do equipo nos principais aspectos.