Bronce do k4 de Arévalo e Germade nunha final de infarto
Bronce do k4 de Arévalo e Germade nunha final de infarto
Os españois chegaron a ir en cabeza en gran parte do treito, pero remataron terceiros
Saúl Craviotto convértese no español con máis medallas, con seis preseas
Outro bronce máis. O k4 español de Craviotto, Arévalo, Cooper e Germade fíxose coa medalla nunha proba en que rozou o ouro. Ao final perdeu postos e fíxose coa terceira praza, que fai que suban ao caixón. Dúas novas medallas para Galicia.
Comezaba moi ben para España, que se poñía en cabeza nada máis comezar cun gran ritmo. Chegaba en cabeza tamén aos 250 metros, pero aí comezaban os apuros. Alemaña e Australia subían o ritmo e collían aos españois, que se defenderon, pero remataron terceiros.
Fazaña de Craviotto, que se converte no español con máis medallas, con seis. E tamén dos seus compañeiros, que conseguen outra nova presea para as súas vitrinas. Terceira para Cooper e segunda para os galegos Rodrigo Germade e Carlos Arévalo.