Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas compra máis de 100.000 doses de vacinas contra a varíola do mono

Bruxelas compra máis de 100.000 doses de vacinas contra a varíola do mono

"Esta é unha demostración tanxible da nosa reforzada capacidade para responder rapidamente a crises sanitarias", dixo a comisaria de Sanidade, Stella Kyriakides

G24.gal 14/06/2022 13:21

A Comisión Europea anunciou este martes un contrato coa farmacéutica danesa Bavarian Nordic para comprar 109.090 doses da vacina de terceira xeración contra a varíola do mono, segundo informou a institución nun comunicado. 

Bruxelas repartirá agora as doses aos países da Unión Europea de forma proporcional, en función da poboación, igual que está a facer cos fármacos contra o coronavirus. "Esta é unha demostración tanxible da nosa reforzada capacidade para responder rapidamente a crises sanitarias", dixo a comisaria de Sanidade, Stella Kyriakides.

Actualmente, as vacinas de terceira xeración que comprou Bruxelas só están autorizadas na Unión Europea para protexer os adultos contra a varíola, pero segundo o comunicado publicado polo Executivo comunitario, protexen tamén contra a varíola do mono ao estar ambos os virus "estreitamente relacionados". 

De feito, algúns estados membros xa aprobaron excepcións para permitir o uso temporal desta vacina contra a varíola do mono, entre eles España, onde o pasado 2 de xuño chegaron as primeiras 200 doses. España, ademais, adheriuse á compra conxunta de vacinas da Comisión Europea. 

Ata a data rexistráronse ao redor de 900 casos da varíola do mono na UE. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade